Olladas ao Atlántico

Lonxitude: 4,4 Km.
Dificultade: media-alta.
Duración:  2 h de subida.

Esta ruta permítelle desfrutar das paisaxes más fermosas da Costa da Morte. O camiño conduce ao visitante ao Castelo do Pedrullo, pasando por Outeiro Nariz e Chan de Lourenzo, onde se atopan unhas formas xeomorfológicas de grande singularidade, entre as que destaca o Xigante da Mina.

A ruta culmina na Laxa da Moa, o punto máis alto do Monte Pindo. As espectaculares vistas que ofrece A Moa compensan o esforzo do ascenso. En días despexados, pódese  apreciar as entradas ás rías de Arousa e Pontevedra mirando hacia o sur, e algúns incluso aseguran ter visto as torres da Catedral de Santiago de Compostela.