Monte Pindo

De visita obrigada en Carnota, o Monte Pindo érguese dende o propio mar coma un xigante de 642 metros de altura. Baixo a forma dunha mole granítica, inzada de misterio. Alberga infindade de lendas que nos falan de tesouros, raíñas, mouchos e mesmo bruxas. Cóntase tamén que no Monte Pindo rendían culto ao sol os celtas galegos, facendo del o seu Olimpo, e son abondosas as referencias que del se fan na literatura galega, o que contribuíron a asentar o seu carácter mítico.

A tradición popular sostén que no Monte Pindo descansan os retos da Raíña Lupa xunto cun tesouro de incalculable valor infindas veces buscado.

O traballo de erosión converteu este macizo nun rechamante conxunto de estrañas figuras zoomorfas e antropomorfas, que a imaxinación popular atribuíu, a miúdo, a forzas sobrenaturais. Abondará con botar unha atenta ollada ao noso redor para sorprendernos observando rochas que de súpeto se converten en xigantes, guerreiros, tartarugas, aguias e tantos outros seres como a nosa imaxinación se lle antolle.

Foron moitos os fuxidos republicanos que durante os difíciles anos da guerra Civil buscaron acubillo neste monte, aproveitando os caprichos de natureza para refuxiarse. Paseando por estes paraxes podemos atopar exemplares de carballo anano, un pequeno arbusto que raramente supera o metro e medio de altura, con tendencia a medrar horizontalmente.

O monte Pindo un lugar inigualable para a práctica de sendeirismo. A pesar de que son infinitas as posibilidades que o entrono ofrece.

Nas  súas paraxes podemos atopar exemplares de carballo anano ( Quercus lusitánica), especie moi escasa e que soupo coexistir con outros carballos , piñeiros e loureiros.

Hai unha serie de rutas sinalizadas, de interese xeolóxico, etnográfico e botánico.