Súmate á igualdade (+=)

#máisiguais+=!

A  igualdade de xénero, unha prioridade fundamental na axenda política municipal.

Dende a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello de Carnota formulamos o “IV Plan de Igualdade entre mulleres e homes” a través da campaña Súmate á igualdade (+=).

Este Plan construíuse grazas a un proceso participativo para detectar as necesidades e problemáticas en materia de igualdade de xénero, e especialmente aquelas que afectan ás mulleres de Carnota.

Por unha banda, realizouse unha diagnose sobre as desigualdades de xénero que se reproducen no municipio; xa sexa no ámbito laboral, no fogar, na escola ou na vida asociativa e comunitaria. Para lograr un estudo minucioso a Concellaría coordinou diferentes encontros de traballo coa comunidade educativa, o sector empresarial, o tecido asociativo e con mulleres do municipio. O obxectivo foi rescatar as opinións e percepcións da veciñanza.

Por outra, deseñouse unha folla de ruta para os vindeiros catro anos. Neste documento podedes consultar as grandes liñas de traballo que atravesarán as diferentes áreas municipais. O obxectivo da Concellaría é lograr que a igualdade de xénero sexa un tema transversal na vida municipal.

Para consultar o Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes prema aquí

Para consultar a versión resumida do Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Home prema aquí

Para consultar e descargar o material divulgativo e de sensibilización prema aquí

Este proceso foi acompañado dunha campaña de sensibilización e educación en igualdade. Se queres coñecela, visita o noso perfil nas RRSS

Este proxecto elabórase grazas ao financiamento recibido da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).