CARNOTA XA ESTÁ LISTA: PLAN REVIVE 2020

Escaparate Plan Revive 2020

A crise sanitaria provocada pola COVID-19 require a inmediatez de atender as persoas afectadas e dispor dos medios necesarios para frear a pandemia, pero as consecuencias desta fanse notar en todos os aspectos da vida cotiá, na forma de traballar e tamén na actividade económica e no emprego.

Tras varias xuntanzas con representantes da Asociación de Comerciantes, Empresarios/as e Profesionais de Carnota e logo de escoitar as necesidades do pequeno comercio e da hostalaría e valorar as súas demandas e necesidades derivadas da crise sanitaria que atravesamos, o Concello de Carnota pon a disposición do empresariado, na páxina web da entidade local, este espazo creado co fin de colaborar nas tarefas de comunicación e difusión da información necesaria para a reactivación da economía local.

Con esta medida preténdese, por un lado, apoiar ao tecido empresarial de Carnota e, por outro lado, atender a demanda de información da poboación local e visitantes no que se refire á apertura dos negocios, modificacións na prestación dos servizos dalgunhas das empresas, iniciativas empresariais, etc.

Este espazo consta de dúas partes diferenciadas:

1. TABOLEIRO INFORMATIVO:

Neste apartado recollerase a información que faciliten os establecementos relativa aos seguintes aspectos:

  • Se xa están prestando servizo ou as data previstas de incorporación á actividade.
  • Horarios.
  • Servizos que ofrecen, no caso de que houbese cambios con respecto aos que prestan habitualmente.
  • Adaptación aos requirimentos da nova normalidade.
  • Calquera outra información que poida ser de interese.

2. ESCAPARATE (promocións e iniciativas):

Este espazo servirá de escaparate para dar visibilidade ás iniciativas e/ou promocións dos negocios, comercios e establecementos hostaleiros do municipio.

Convidamos a todo o sector do comercio, hostalería e restauración a contactar co Concello e facilitar os datos que consideren de, así como a achegar gravacións de audio ou vídeo coas súas propias mensaxes para compartir coa clientela, transmitindo que a actividade continúa e explicando a forma de acceder os servizos e produtos que ofrecen.

Os comerciantes e hostaleiros que o desexen poden remitirnos as súas mensaxes para que se inclúan na web municipal ‘Carnota xa está lista’, así como os seus datos de contacto, webs corporativas ou sistemas de venda a distancia, se os tivesen.

Todos eses datos incluiranse neste escaparate virtual, creado para visibilizar tecido empresarial do Concello, nesta época de crise sanitaria da que entre tod@s imos saír.

Para darte de alta neste servizo debes cumplimentar o seguinte formulario.

Unha vez formalizada a inscrición, os/as empresarios, poderán remitir a información e mensaxes que consideren a través dos seguintes medios: