Proxecto Carnota amiga da infancia
A Concellaría de Igualdade e Diversidade de Carnota está a traballar nun proceso participativo en que a infancia e a adolescencia son as protagonistas.
A finais do ano 2017 comezamos a traballar nun proceso que pretende incorporar os dereitos da infancia a todas as políticas municipais, para así ter sempre en conta as miradas das máis pequenas.
Este proceso culminou coa aprobación por unanimidade en pleno municipal da constitución do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia e a Comisión Interna de Infancia e Adolescencia. Ademais, presentamos o documento do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, unha folla de ruta que marca directrices de traballo para os vindeiros catro anos.
Deste xeito o Concello de Carnota foi recoñecido na VIII Convocatoria de Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia de UNICEF como Cidade Amiga da Infancia.
Se queres consultar as nosas novidades, actividades e accións, visita o noso blogue:
Proxecto Carnota amiga da infancia (http://carnotaamigadainfancia.blogspot.com)
Se queres consultar a Memoria de actividades dirixidas á infancia e á adolescencia (2017 – 2018) prema AQUÍ
Se queres consultar o Informe diagnose sobre a situación da infancia e da adolescencia, prema AQUÍ
Se queres consultar o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021) prema AQUÍ
Se queres consultar o Regulamento interno do Consello Municipal, prema AQUÍ.
Para consultar a Convención dos Dereitos da Nena e do Neno, prema AQUÍ
Para consultar o Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF, prema AQUÍ
VIDEOS CARNOTA AMIGA DA INFANCIA