Xacementos arqueolóxicos

No concello de Carnota existe unha ampla e variada tipoloxía de recursos arqueolóxicos. Podemos contar sobre 80 sitios arqueolóxicos que albergan mámoas, petróglifos, xacementos castrexos, romanos, medievais, etc.

Os gravados rupestres ao aire libre son uns dos máis abundantes e acostúmanse datar no Calcolítico e na Idade de Bronce. Pertencen ao grupo galaico de arte rupestre aqueles gravados con representacións de animais, circulares, armas, paletas e idoliformes; mentres que os motivos cruciformes foron feitos ao longo de centos de anos, algúns durante a Idade Media e incluso en tempos mais recentes. O máis destacado é A Laxe Escrita, localizada no monte de Carnota, moi próximo ao núcleo de poboación, pero hai moitos máis como os do Afilladuiro, As Laxiñas, Rego Lamoso, Prousos Magos, etc.

Desde finais da Idade de Bronce e ata o século I d. C, desenvolveuse no noroeste peninsular a cultura castrexa, cuxa característica máis notable son os seus poboados fortificados coñecidos como castros, dos que toma nome. No noso municipio, destaca a presenza de varios castros, pero quizais o mellor conservado sexa o Castro de Mallou, que aínda presenta restos das murallas e das vivendas. Na parroquia de Lira existe outro asentamento castrexo (Castro dos Miñarzos), pero non en tan boas condicións.

Tal é a importancia que teñen os xacementos arqueolóxicos neste concello que ata conta cunha ruta dedicada e eles (Museo Arqueolóxico Aberto).

Ligazón

Más información en Patrimonio Galego