Hórreos

Este é un dos elementos polos cales Carnota é máis coñecida, e ningún visitante deixa de ver e admirar. No Concello de Carnota están inventariados cerca dos 900 hórreos pero, sen dúbida, os de Carnota e Lira son os máis representativos do municipio, chegando a recoñecerse o primero como Monumento Nacional e o máis grande de estilo Noia.

O Hórreo de Carnota foi construido no 1768, pero foi en 1783 cando se ampliou con 11 novos pares de pés. Ten 34,76 metros de longo e 1.90 metros de ancho.

De planta rectangular, presenta cámara cerrada con filas horizontais que deixan entre elas ranuras para a ventilación. Ten 22 pares de pés. En un dos lados abrense tres portas para acceder ao interior e posúe pináculos de estilo barroco. Termina en unha cruz sentada sobre unha bola.

O Hórreo de Lira, foi construido entre 1779 e 1814, aparece elevado sobre una plataforma de pedra, para salvar a irregularidade do terreo. Ao igual que o de Carnota, posúe 22 pares de pés, pero ten 36.53 metros de longo e 1.60 metros de ancho.

Ademáis destes dous grandes hórreos, destacan outros moitos exemplos de dimensións máis reducidas no municipio que se atopan a veces agrupados, como os os de Lira (moi próximos ao hórreo de Lira), os de Nóutigos, etc.