Arquitectura popular

Existen diferentes manifestacións de arquitectura popular en Carnota entre as que cabe destacar os hórreos, muíños, lavadoiros, casetas de pescadora, pombais ou eiras.

Estas últimas están directamente relacionadas co ciclo do cereal e especialmente ca trilla ou “malla” de trigo, traballo polo cal o gran se separa da palla. O máis importante atópase no conxunto arquitectónico da Igrexa de Santa Comba de Carnota.

Os muíños, directamente vinculados á producción do millo, foron de gran importancia na sociedade galega. Ademáis do seu propósito, actuaron como centros sociais, xa que eran lugares de reunión como o demostran moitas cancións populares que se reflexan na literatura galega, tanto oralmente como por escrito. Poden ser de propiedade comunitaria ou privada; os ríos e regatos do noso municipio están infestados de muíños de agua. No lugares de Quilmas e Panchés conservase un conxunto de 17 muíños que siguen o curso do río ata a desembocadura no mar. Ainda que a maioría dos muíños son hidráulico, na parroquia de Lariño, moi próximo ao mar, conservanse as ruínas dun antigo muíño de vento, construido alredor do 1914.

As fontes tamén abundan no municipio. A maioría foron feitas polas comunidades de veciños, que estaban a cargo do seu coidado e mantemento. En xeral, as fontes de hoxe teñen un valor fundamentalmente decorativo, nada comparable á importancia que se lle atribuia anos atrás, cando a auga corrente nos fogares era algo inimaxinable. Destacan as de Canedo, A Insua, O Pindo, A Fonte Vella de Caldebarcos, San Mamede, Cornido, Sofán, Lira, Pedrafigueira, Quilmas, etc.

Os lavadoiros no son mui comúns en Carnota, xa que as mulleres lavaban directamente no río. Os lavadoiros públicos son creacións populares con unha funcionalidade específica, construidos co uso de exceso de auga dos manantiais. Neles reuníase a xente do lugar, fundamentalmente as mulleres, para lavar a roupa. Temos un bo exemplo en Vilar de Carnota.

As casetas de mariñeiros son construccións populares utilizadas polos mariñeiros para almacenar os seus aparellos, construidas en pedra e de estrutura simple. En Carnota, onde a población está moi vinculada ao mar, a paisaxe está salpicada de estas casetas que aínda hoxe seguen cumprindo o seu propósito en moitos casos. Destacan algunhas como A Caseta do Sal de A Boca do Río, a do Faro de Lariño, a Caseta de Pepe do Cuco en Lira, as de Quilmas, O Pindo e moi especialmente as de Caldebarcos por contabilizarse máis de 30 bordeando o seu litoral. Algunhas destas casetas de Caldebarcos foron restauradas froito dunha actuación de posta en valor da Xunta de Galicia e o Concello de Carnota.

Temos máis construccións vinculadas ao mar mo municipio, como as fábricas de sal que datan do século XIX, feitas por cataláns para salar e así conservar o peixe. As máis coñecidas son as de Portocubelo, Quilmas e Caldebarcos.

Os pombais son construcións cilíndricas feitas de mampostería gravada e de pedra caliza, o que as fai destacar dunha maneira especial.

O teito é cónico con tellas de campo, que termina en un pináculo.

Os máis relevantes son os situados nas inmediacións dos hórreos de Carnota e Lira e o de Maceiras pero hai máis.