Arquitectura civil

Destaca o faro de Punta Insua en Lariño. Está situado na punta do mesmo nome, construido en 1920 para iluminar a costa dende a Ría de Muros ata Corcubión. Posúe un corpo lonxitudinal, que se complementa con unha torre cilíndrica que alberga na parte superior a lente que ilumina o camiñar dos barcos.

Carnota non destaca polas súas construccións palacegas, pero hai unha serie de edificios construidos principalmente en granito que lle aportan unha gran estética, como A Casa do Agro de García, A Casa da Ameixeira (Lira), Casa de Correos (O Pindo), Casa do Concello (Carnota) e algunhas casas unifamiliais, especialmente una de estilo rexionalista en Lariño, que se pode ver dende a carretera C-550 que conecta Muros e Carnota.