Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

XI Encontro Monte Pindo (ACDR Pedramar)

13 Xullo - 14 Xullo

Este ano a Asociación Pedramar distribúe as diferentes actividades en dúas fins de semana: 13 e 14 de xullo: XI Encontro Monte Pindo e o 21 de xullo: V Trail Encontro Monte Pindo.

ENCONTRO MONTE PINDO (13 E 14 DE XULLO)

SABADO 13 DE XULLO

9:30 H. RUTA POLO MONTE PINDO:

Cun percorrido novo tanto a nivel paisaxístico como de memoria histórica.

Despóis de recoller as acreditacións e os avituallamientos no baixo da plaza da Solaina (plaza do pobo). Dirixirémonos ata O Fieiro, de onde partiremos ata a Cova escondite dos fuxidos da guerra civil, (moi pouca xente a coñece). Logo ascenderemos o Castelo de Peñafiel, subida a misteriosa Cova da Xoana, Cume da Moa, e baixada O Pindo.

21.30 H. NO LOCAL SOCIAL DO PORTO DO SINAL,  DEGUSTACIÓN DE RODABALLO E VERBENA POPULAR.

DOMINGO 14 DE XULLO

AS 11.30 H. SAÍDA DA RUTA EN CATAMARÁN POLA RIA DE CEE E ILLAS LOBEIRAS DENDE O PORTO DO SINAL, GUIADAS E DOCUMENTADAS POR TITO CONCHEIRO. (EXPERIENCIA ÚNICA SOLO REALIZABLE CON NOS).

14:30 H. COMIDA DE CONFRATERNIDADE NO LOCAL DO PORTO DO SINAL.

16:30 H. CLAUSURA DO XI ENCONTRO MONTE PINDO COA ACTUACIÓN DAS PANDERETEIRAS DA SOLAINA.

Para resolver dúbidas poñemos o voso dispor o número de teléfono 661362991.

Ficha de inscrición actividades XI Encontro Monte Pindo: Cubra o formulario, e envíenolo por correo postal (Praza da Solaina s/n; Antiga Escola Unitaria; 15296 O Pindo) ou por correo electrónico (info@pedramaropindo.org ,).

Ficha Inscrición Encontro 2019.doc

Detalles

Comezo:
13 Xullo
Remate:
14 Xullo
Páxina web:
https://www.pedramaropindo.org/

Protagonista

ACDR Pedramar
Teléfono:
661362991
Correo electrónico:
apedramar@gmail.com
Páxina web:
https://www.pedramaropindo.org/