BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Concello de Carnota - ECPv4.9.4//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Concello de Carnota
X-ORIGINAL-URL:https://www.carnota.gal/?lang=en
X-WR-CALDESC:Events for Concello de Carnota
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:"Europe/Paris"
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20190331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20191027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID="Europe/Paris":20190419T100000
DTEND;TZID="Europe/Paris":20190419T140000
DTSTAMP:20261107T222148
CREATED:20190403T191836Z
LAST-MODIFIED:20190403T191836Z
UID:10465-1555668000-1555682400@www.carnota.gal
SUMMARY:Programa Coñece Carnota
DESCRIPTION:Dentro da programación do VÍNDEMO VER\, dirixida a rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. \nA actividade “Coñece Carnota” ten por obxectivo achegar a rapazada ao patrimonio material e inmaterial das parroquias do noso concello e divulgar a súa importancia no ámbito social. \nA idea é conectar o pasado co presente\, mediante unha serie camiñadas guiadas  polas diferentes parroquias do noso concello\, que permitirán descubrir o noso patrimonio cultural\, divulgar a súa importancia como elemento de cohesión da veciñanza da parroquia\, promover valores de coidado e respecto cara a el e coñecer a nosa contorna máis próxima; todo isto a través da oralidade\, a paisaxe e a cultura material. \nO venres día 19\, en horario de 10:00 h a 14:00h\,  visitaremos as parroquias do Pindo\, San Mamede e Carnota\, pasando polo porto de Quilmas para coñecer de antigas fábricas de salgadura de peixe\, polo hórreo de Carnota\, polo interior dun muíño\, etc. \nO sábado día 20\, no mesmo horario\, visitaremos as parroquias de Lariño\, Lira e Carnota\, achegándonos ao faro de Lariño; á igrexa\, hórreo e miradoiro de Lira\, a Portocubelo e ao Castro de Mallou. \nDurante as visitas contaremos tamén coa colaboración de veciñas e veciños sobranceiros das diferentes parroquias\, transmisores orais viventes da historia do lugar. \nOs desprazamentos corren a cargo do Concello e realizaranse co microbús municipal. O punto de saída e de chegada será diante da Casa do Concello para as dúas xornadas. Durante as visitas reservaremos un tempo para tomar a parva\, polo que aconsellamos que cada participante traia algo de comida e bebida. \nPara participar nestas actividades é necesaria inscrición previa con autoriazación asinada\, no Depto. de Cultura e Deportes do Concello\, antes do xoves 11 de abril. \nDado que unicamente hai 14 prazas\, a admisión nesta actividade realizarase por estrita orde de entrada no rexistro. \n \n  \n  \n
URL:https://www.carnota.gal/evento/programa-conece-carnota/?lang=en
LOCATION:Parroquias do Concello
END:VEVENT
END:VCALENDAR