Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programa Coñece Carnota

20 abril 2019 @ 10:00 am - 2:00 pm

Gratuito

Dentro da programación do VÍNDEMO VER, dirixido a rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos.

A actividade “Coñece Carnota” ten por obxectivo achegar a rapazada ao patrimonio material e inmaterial das parroquias do noso concello e divulgar a súa importancia no ámbito social.

A idea é conectar o pasado co presente, mediante unha serie camiñadas guiadas  polas diferentes parroquias do noso concello, que permitirán descubrir o noso patrimonio cultural, divulgar a súa importancia como elemento de cohesión da veciñanza da parroquia, promover valores de coidado e respecto cara a el e coñecer a nosa contorna máis próxima; todo isto a través da oralidade, a paisaxe e a cultura material.

O venres día 19, en horario de 10:00 h a 14:00h,  visitaremos as parroquias do Pindo, San Mamede e Carnota, pasando polo porto de Quilmas para coñecer de antigas fábricas de salgadura de peixe, polo hórreo de Carnota, polo interior dun muíño, etc.

O sábado día 20, no mesmo horario, visitaremos as parroquias de Lariño, Lira e Carnota, achegándonos ao faro de Lariño; á igrexa, hórreo e miradoiro de Lira, a Portocubelo e ao Castro de Mallou.

Durante as visitas contaremos tamén coa colaboración de veciñas e veciños sobranceiros das diferentes parroquias, transmisores orais viventes da historia do lugar.

Os desprazamentos corren a cargo do Concello e realizaranse co microbús municipal. O punto de saída e de chegada será diante da Casa do Concello para as dúas xornadas. Durante as visitas reservaremos un tempo para tomar a parva, polo que aconsellamos que cada participante traia algo de comida e bebida.

Para participar nestas actividades é necesaria inscrición previa con autoriazación asinada, no Depto. de Cultura e Deportes do Concello, antes do xoves 11 de abril.

Dado que unicamente hai 14 prazas, a admisión nesta actividade realizarase por estrita orde de entrada no rexistro.

Detalles

Fecha:
20 abril 2019
Hora:
10:00 am - 2:00 pm
Precio:
Gratuito
Evento etiquetas:
, ,

Lugar

Parroquias do Concello