Este espazo servirá de escaparate para dar visibilidade ás iniciativas e/ou promocións dos negocios, comercios e establecementos hostaleiros do municipio. Convidamos a todo o sector do comercio, hostalería e restauración a contactar co Concello e facilitar os datos que consideren de, así como a achegar gravacións de audio ou vídeo coas súas propias mensaxes para compartir coa clientela, transmitindo que a actividade continúa e explicando a forma de acceder os servizos e produtos que ofrecen. Os comerciantes e hostaleiros que o desexen poden remitirnos as súas mensaxes para que se inclúan na web municipal ‘Carnota xa está lista’, así como os seus datos de contacto, webs corporativas ou sistemas de venda a distancia, se os tivesen. Todos eses datos incluiranse neste escaparate virtual, creado para visibilizar tecido empresarial do Concello, nesta época de crise sanitaria da que entre tod@s imos saír. Para darte de alta neste servizo debes cumplimentar o seguinte formulario. Unha vez formalizada a inscrición, os/as empresarios, poderán remitir a información e mensaxes que consideren a través dos seguintes medios: