Bolsa de empleo

O Concello de Carnota pon en marcha o SERVIZO DE INTERMEDIACIÓN LABORAL “BOLSA DE EMPREGO”

Co fin de facilitar a inserción laboral da cidadanía, de mellorar a empregabilidade dos/as traballadores/as, de dar resposta a ofertas de emprego adaptándose ao perfil solicitado polas empresas ponse en marcha este servizo.

A bolsa de emprego e un instrumento de inserción laboral para mellorar a formación e o emprego, unha ferramenta de promoción económica, ao servizo das empresas e dos demandantes de emprego.
Ten como obxectivo ser unha vía de conexión entre a demandas e as ofertas de emprego que se xeren, ademais da divulgación de información de interese en materia de recursos humanos e promoción económica.

Prestarase este servizo na Axencia De Desenvolvemento Local do Concello de Carnota.

Os requisitos para formar parte da bolsa de Emprego figuran publicados na “Ordenanza bolsa de emprego”, BOP nº177 de 17 de setembro de 2012.