Carreira das Areas

A Carreira das Areas é a proba máis antiga e de maior relevancia que organizamos no Concello. Ten a peculiaridade de que case a totalidade do seu percorrido transcorre pola inmensidade da praia de Carnota.
Cada ano ten lugar durante o mes de agosto e no 2019 celebrarase xa a XXVIII edición.

Esta carreira popular está incluída dentro do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, promovido e organizado por un conxunto de 10 concellos da Costa da Morte.

A carreira inclúe máis de 10 categorías, que engloban participantes dende os 4 anos. Cada ano o número de participantes é maior, chegando no 2018 a rondar as 1.000 persoas inscritas.

Nunha das probas, o 100% da recadación obtida coas inscricións vai destinado á Asociación Provincial Contra o Cancro.