Dirixido a persoas traballadoras autónomas, a sociedades de calquera clase e a comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.

Subvención do bono das persoas autónomas .

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade subvencionable cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables. O resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación do negocio, plan estratéxico do negocio, plan de crecemento (constitución da sociedade), plan de reorientación do negocio, plan de transformación dixital, plan de refinanciamento.

Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Enlace ao DOG