Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) Modificación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas:
OBXECTO: favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19
Deberá formalizarse un préstamo a un prazo de 4 anos, que será aplicado do seguinte xeito:
1) Un mínimo do 35% do seu principal será aplicado ao pago dos seguintes conceptos de gasto:
-
- Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos.
- Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións.
- Pagamento de nóminas e seguros sociais.
- Gastos financeiros operativos.
- Pago de impostos e Primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
2) Un máximo do 65% poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades: – Pago de coutas de préstamos, leasing e/ou renting vencidas ou que venzan durante os tres meses seguintes á data de formalización.
-
- Pago de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.
- Débedas bancarias vencidas, cuxo vencemento se producise con posterioridade ao 1 de marzo de 2020.
- A comisión do aval así como as achegas ao capital das Sociedades de Garantía Recíproca.
O tipo de xuro nominal anual que poderán cobrar as entidades de crédito para as operacións de préstamo previstas nesta liña será fixo, cun máximo do 1,5%.
INFORMACIÓN: En detalle: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP393 (Portal web do IGAPE: www.igape.es)
CONTACTO: Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47 e o correo electrónico: informa@igape.es
TRAMITACIÓN: As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es