Este programa ten por obxecto a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Proxectos subvencionables

Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:

a) Bono asesoramento enerxético: diagnósticos enerxéticos e auditorías enerxéticas.

b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico).

c) Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos os rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.

d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas.

e) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento..

f) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.

g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente

A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación, cun máximo de 6.000 € por solicitude.

Prazo: ata o 29 de xuño de 2023.

Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0474-201222-0009_gl.pdf

Nota: estas axudas van dirixidas a determinadas seccións e divisións do CNAE 2009