A Asociación Costa da Morte – GDR vai realizar o vindeiro venres, 15 de marzo, unha xornada forestal no seu territorio sobre “O aproveitamento Resineiro como actividade para manter e valorizar o sector forestal galego”. O aproveitamento resineiro axuda ao incremento da produtividade das masas forestais, na prevención dos incendios forestais e na creación de postos de traballo fixando poboación ao rural.

LUGAR: Centro sociocultural de Baio (Zas).

A entrada será libre.

OBXECTIVOS

  • Informar sobre as potencialidades do monte.
  • Ilusionar e motivar o desenvolvemento de actividades no territorio.
  • Dar a coñecer a actividade resineira como un complemento ao aproveitamento da madeira de pino.
  • Por en valor o  monte mostrando unha actividade rendible que a súa vez axuda a manter o monte cuidado, xenera emprego e mellora a prevención de incendios.

PROGRAMA DA XORNADA