A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña volve á Costa da Morte.
O programa de formación universitaria específico para os adultos maiores, realizado en colaboración co GDR Costa da Morte, desenvolverase nos meses de marzo a maio, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
O programa aséntase sobre unha idea fundamental: a sustentabilidade, e consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, mediante sesións teóricas, prácticas e saídas de campo.
INSCRICIÓNS: A inscrición, que é gratuíta, pódena facer os maiores de 50 anos de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (udcseniorcostadamorte.wordpress.com) ou no Concello na oficina do AEDL, ata o 24 de marzo de 2019.
PROGRAMA: