ORDE do 9 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A). da VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,XUSTIZA E DEPORTE (Xunta de Galicia)
Prazo de presentación: 29 de febreiro de 2024.
Liñas de subvención:
Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora ,reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias ,promovidas por comunidades de usuarios de augas.
Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para ofuncionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades.
Máis información no DOG, do 29 de febreiro de 24, na Xunta de Galicia e no Concello de Carnota.