A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, informa da Convocatoria Pública de axudas para o desenvolvemento de plans de apoio á implementación da ciberseguridade nas Pemes no marco do Programa Ciberseguridade, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Primeiro.- Beneficiarios.

Pemes e autónomos da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Santiago, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.

Segundo.- Obxecto.

Concesión de axudas para desenvolver Plans de apoio á implementación da ciberseguridade no marco do Programa Ciberseguridade, subvencionados nun subvencionados nun 80% por FEDER

Terceiro.- Convocatoria.

O texto completo desta convocatoria está ao dispor das empresas na sede electrónica da Cámara de Santiago de Compostela. Ademais, pode consultarse a través da web https://www.camaracompostela.com/gl/pag/882/programa-ciberseguridade/

Na esta dirección poderá descargarse, xunto coa convocatoria, a documentación necesaria para realizar a solicitude.

Cuarto.- Contía.

A contía das axudas económicas a outorgar con cargo a este convocatoria é de 80.000 €, sendo o orzamento máximo elixible por empresa de 4.000 €, que será prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado por FEDER ao 80%, polo que a contía máxima de axuda por empresa será de 3.200 €.

Estas axudas forman parte do Programa Ciberseguridade, cuxo orzamento máximo de execución é de 113.488 €, no marco do “Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020” e que inclúe os servizos gratuítos de diagnóstico e seguimento.

Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese ás 09:00h, unha vez transcorridos 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto desta Convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña ( 14/02/2022) e ata as 14:00h do día 31 de maio de 2022, aínda que o prazo poderá acurtarse en caso de esgotarse o orzamento