A QUEN VAI DIRIXIDO

Persoas interesadas que teñan 16 ou máis anos.

Non é preciso ter experiencia previa no sector pesqueiro nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada con el.

 

O PROGRAMA FORMATIVO

  • Levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021, ambos meses incluídos. E desenvolveranse dúas  edicións do mesmo: a primeira entre setembro e decembro de 2020 (CUATRIMESTRE 1) e a segunda, entre xaneiro e abril de 2021(CUATRIMESTRE 2). Son independentes entre sí, podes anotarte na que prefiras.
  • Cada cuatrimestre contará coas actuacións que podes ler máis abaixo e realizarase en cada un dos territorios dos GALP participantes.
  • Haberá 15 prazas en cada cuatrimestre (30 prazas en total para cada GALP).
  • A aceptación do alumnado realizarse segundo estes dous criterios:
    • por rigorosa orden de inscrición
    • seguindo unha distribución homoxénea dentro de cada territorio (é dicir, tratando de que as prazas estean compensadas e repartidas de igual maneira entre os diferentes concellos que forman parte do ámbito de influencia de cada GALP).
  • Horario (de mañá ou de tarde) será acordado cos inscritos de cada territorio para favorecer a súa participación. O tempo que che restará este curso será, ao sumo, de dúas medias xornadas cada semana, é decir, un máximo de dúas mañás ou dúas tardes cada semana.
  • A ubicación xeográfica (localidade) para a  realización das actuacións presenciais dependerá tamén das persoas inscritas, tratando de favorecer o mínimo desprazamento.

 

Consulta os contidos, outras actuacións e outra información de interese en: relevo2020.org

Descarga o tríptico

Descarga o programa