A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego dirixido a persoas mozas incluídas no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Fontiñas Xuvenil”.

Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 6 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Está previsto que este obradoiro comece a finais do mes de setembro deste ano.

O número de alumnos/as traballadores/as será de 16.

Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego e inscrito no Ficheiro de Garantía Xuvenil.

Especialidades:

  • Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais.

Realizar as labores de limpeza en espazos abertos, instalacións e equipamentos industriais, utilizando os medios, útiles e vehículos adecuados a cada espazo e o equipamento para obter un óptimo nivel de limpeza, hixiene e ornato.

  • Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.

Distribuír, reproducir e transmitir a información e documentación requiridas nas tarefas administrativas e de xestión, internas e externas, así como realizar trámites elementais de verificación de datos e documentos a requirimento de técnicos de nivel superior con eficacia, de acordo con instrucións ou procedementos establecidos.

Calquera persoa interesada, poderá obter máis información chamando aos seguintes números:

Concello de Muros: 981826050

Concello de Carnota: 981857217