Medidas urxentes do Servizo Público de Emprego de Galicia (oficinas de emprego)
Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño.
Para a realización de trámites urxentes na demanda de emprego amplíanse os servizos telemáticos á disposición da cidadanía:
- Novo formulario web para a tramitación de altas iniciais.
- Ampliación dos servizos para a reactivación da demanda a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia.
Estes dous servizos, xunto coas restantes medidas acordadas pola Xunta de Galicia en favor das persoas demandantes de emprego e os datos de contacto da rede de oficinas de emprego, están dispoñibles no Portal de emprego de Galicia.
Resolución do DOG do 17/04/2018