No DOG, núm. 42 do 28 de febreiro, publicouse a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.
As persoas interesadas nestas prazas de traballo teñen ata o 15 de xullo para inscribirse, enviando a solicitude que está dispoñible na páxina da Xunta, na sección “Listas de contratación”.
LIGAZÓNS DE INTERESE
Texto da resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioCA01-220219-0004_gl.html
Solicitudes: https://www.xunta.es/dxfp/listas/inclusion.jsp
Formulario de pagamento de taxas: https://www.xunta.es/dxfp/listas/taxas.jsp