Nova Escola Galega organiza o IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: “omesomonte”, que se desenvolverá os 19, 20 e 21 de outubro de 2018 en Rianxo, Quilmas, O Pindo e Carnota.

En Carnota, as actividades desenvolveranse na Confraría de Pescadores/as do Pindo durante o sábado 20 e o domingo 21 de outubro.

Os destinatarios son principalmente persoal docente do ensino público e concertado, e en paro. Pero tamén calquera outra persoa interesada no tema.

Ó número máximo de participantes será de 50 e establecerase por rigorosa orde de inscrición.

Cotas de inscrición: (A matrícula inclúe os xantares de campo).

Ata o 12 de outubro de 2018
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €.
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 60 €.

Desde o 13 de outubro de 2018
Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €.                            Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 70 €.

Programa

Máis información e inscricións no sitio web da organización Nova Escola Galega