Aprobado por Decreto da Alcaldía de data 26 de decembro de 2019, o PADRÓN FISCAL DA TAXA POR RECOLLIDA
DOMICILIARIA DE LIXO OU RESIDUOS SOLIDOS URBANOS correspondente ó exercicio 2020, expónse nas oficinas xerais do Concello durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP.
Durante o citado prazo, os interesados poderán examinalo en horario de atención ó público e presentar as reclamacións e recursos que estimen oportunos.

Acceso á publicación no BOP, número 2, do venres, 3 de xaneiro de 2020.