O Concello de Carnota, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, vai realizar un curso de traballos manuais.
- DURACIÓN: do 12 de marzo ao 11 de xuño (os martes).
- Nº DE PRAZAS: 3 grupos de 15 prazas. De se anotaren máis de 45 persoas, as prazas cubriranse por sorteo.
- LUGAR: Domus (Lira) e Casa da Mariñeira (Pedramarrada).
- INSCRICIÓN: no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao 981-857032
Carnota, 6 de febreiro de 2019