Anuncio no BOP, número 166, do 3 de setembro de 2019.

Por resolución da Alcaldía de data 28/08/2019 aprobáronse as bases para a contratación de persoal laboral temporal dun/ha profesor/a de música.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo, no prazo de sete (7) días naturais dende o día seguinte da publicación deste anuncio no BOP, poderán presentar a solicitude de conformidade ao establecido nas bases publicadas na web municipal www.carnota.gal (sección de contratación > selección de persoal).