Subvencións para a mellora da competitividade ata o 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda. Dirixido a persoas traballadoras autónomas e sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.
Estarán subvencionados os seguintes investimentos:
• Compra de maquinaria.
• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
• Compra de utensilios e ferramentas.
• Reforma do local do negocio.
• Equipamento informático.
• Equipamento de oficina e/ou negocio.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
• Deseño de marca.
Requisitos: ter unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000,00 euros e unha facturación mínima anual de 12.000,00 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2021.
Prazo: O prazo de presentación de solicitudes iníciase ás 9.00 horas do día 25 de xaneiro de 2023 e remata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0006_gl.html