Informamos que como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno do Estado e a fin de evitar os desprazamentos á poboación, as dependencias deste Concello permanecerán pechadas ao público dende hoxe, 16 de marzo ata novo aviso:

As xestións coa Administración Local farase nos medios electrónicos e telemáticos.

Só en caso de extrema necesidade e urxencia, previa cita telefónica facilitarase a atención presencial.

981 85 70 32

Correo electrónico xeral: correo@carnota.gal

Sede electrónica: https://sede.carnota.gal/

A Policía Municipal mantén o servizo e atención telefónica (666 11 33 44 e 617 44 74 70)

A oficina dos Servizos de Augas de Carnota e Muros permanecerá pechada. Pódese contactar nos teléfonos: 981 82 68 21 (oficina) e 626 986 939/900 81 50 15 (24 h) e nos correos: carnota@espinaydelfin.com e muros@espinaydelfin.com

Suspensión dos termos e interrupción dos prazos dos procedementos administrativos en curso

Suspéndense os termos e interrómpense os prazos dos procedementos administrativos en curso, regulados de forma directa ou indirectamente por a Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ata que cese o estado de alarma.

https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/territorial/Paginas/2020/150320proc-administrativo.aspx