A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos de entre 11 a 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2020) dos municipios coruñeses.

Ao Concello de Carnota corresponde a 1ª quenda para viaxar do 24/01/20 ao 27/01/20.

As solicitudes de participación xestionaránse no departamento de Cultura e Deportes até o 4 de decembro.