De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de favorecer a participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello de Carnota  solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma acerca dos seguintes aspectos:

  1. a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  2. b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  3. c) Os obxectivos da norma.
  4. d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

A cidadanía, as organizacións e as asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos anteriormente expostos durante o prazo de 20 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no portal web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Anuncio-memoria

Anteproxecto