A AXENCIA TURISMO DE GALICIA convoca subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración 2020.

Que se subvenciona?

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o “Q de Calidade Turística.”
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento  que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación  e modernización  das instalacións e embelecemento  da contorna da instalación.
  • Equipamentos mobles  necesarios para o financiamento
  • Actuacións de mellora da climatización  que favorezan a sustentabilidade  coa implantación de medidas de aforro enerxético.

Prazo de presentación: ATA O 30 DE DECEMBRO DE 2019

Resolución e convocatoria

Texto das bases da convocatoria: DOG  nº 227 do 28 de novembro de 2019

Máis información:

Axencia de Turismo de Galicia:  981546364 e 981547404

Concello de Carnota: 981857032/ 672304753 (Promoción Económica)

Podes consultar todas as axudas e subvencións por organismos na sección de Desenvolvemento Local deste web: https://www.carnota.gal/servizos/promocion-economica/desenvolvemento-local/