A AXENCIA TURISMO DE GALICIA convoca subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración 2020.
Que se subvenciona?
- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o “Q de Calidade Turística.”
- Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
- Equipamentos mobles necesarios para o financiamento
- Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implantación de medidas de aforro enerxético.
Prazo de presentación: ATA O 30 DE DECEMBRO DE 2019
Resolución e convocatoria
Texto das bases da convocatoria: DOG nº 227 do 28 de novembro de 2019
Máis información:
Axencia de Turismo de Galicia: 981546364 e 981547404
Concello de Carnota: 981857032/ 672304753 (Promoción Económica)
Podes consultar todas as axudas e subvencións por organismos na sección de Desenvolvemento Local deste web: https://www.carnota.gal/servizos/promocion-economica/desenvolvemento-local/