O Concello de Carnota ten previsto a organización dun mercado os días 30 e 31 de decembro de 2023 e unha festa de fin de ano. O horario de apertura do mercado será o seguinte: o sábado 30 de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:300 h. e o 31 de 11:00 a 14:30 h.

Tanto o mercado como a festa terán lugar no interior dunha carpa na praza San Gregorio, en Carnota.

Aquelas persoas ou empresas interesadas en instalar un posto durante o mercado (comercio, artesanía, restauración, etc.) deberán realizar a solicitude correspondente enviando un correo-e a cultura@carnota.gal indicando os seguintes datos:

  • Asunto: inscrición para participar como expositor no Mercado de Fin de Ano
  • Nome do titular do posto
  • Nome comercial do posto
  • Descrición da actividade
  • Fotografía do posto
  • Teléfono de contacto
  • Outros datos de interese no caso de que o considere necesario.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro.