ORDE do 15 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A).

Especialidades convocadas:

  • Atención socio sanitaria a persoas no domicilio.
  • Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institución sociais
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas.
  • Docencia da formación para o emprego.
  • Extinción de incendios e salvamento.
  • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos.
  • Vixilancia e seguridade privada, nas unidades de competencia:
    • Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
    • Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
  • Instrución en ioga.
  • Servizos para o control de pragas.

Requisitos

Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.

Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberánse acreditar as horas establecidas nestes.

Non estar matriculado/a nun curso de formación profesional inicial ou non estar realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita. Non posuír un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 27 de decembro de 2019

Máis información, número de prazas por especialidade e texto completo da convocatoria: D.O.G núm. 225, do día 27 de novembro de 2019