O Concello de Carnota amplía a oferta da actividade deportiva «Actívate» cunha nova proposta en horario de mañá, co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza e fomentar a práctica de actividade física.

As sesións desenvolveranse os martes e os xoves, de 10:00 a 11:00 horas, no pavillón de Carnota.

As persoas interesadas en participar ou en recibir máis información poden dirixirse ao Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

Con esta iniciativa, o Concello continúa a apostar pola promoción dos hábitos de vida saudables e por unha oferta deportiva accesible para a cidadanía.