O Concello de Carnota incorpora un Punto Limpo Móbil, co obxectivo de ampliar o servizo e mellorar a recollida e rastrexabilidade de residuos, dispoñendo para a reciclaxe de 9 bocas diferenciadas, para a recollida de: cápsulas de café, luminarias de baixo consumo, pilas e baterías, residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE), pequenos residuos de aparatos eléctricos (PAEE), cartuchos de impresora e tóners, roupa usada, botes de pintura
usados , aceites de uso doméstico.
Trátase dunha intervención que favorece unha xestión dos residuos máis eficaz e responsable no municipio. A actuación está financiada ao abeiro da Orde do 15 de xaneiro de 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021‑2027, cun importe de 12.463,00 €.
