A castaña é moito máis que un alimento de outono. É un produto ligado ao noso territorio, á nosa cultura e tamén unha opción moi interesante dentro dunha alimentación saudable.

O vindeiro luns 14 de setembro ás 18:00 h, o Salón de Actos do Concello de Carnota acollerá unha charla con showcooking e degustación para descubrir novas formas de gozar da Castaña de Galicia durante todo o ano.

Intervirán:

  • Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia.
  • Ana Cristina Sánchez, dietista integrativa e chef de cociña saudable.
 
Falaremos do valor da castaña, das súas propiedades nutricionais e, sobre todo, veremos na práctica como incorporala á cociña con receitas saborosas e diferentes.
 
Un encontro para poñer en valor un produto da nosa terra e descubrir todo o que a castaña pode ofrecer.
 
Agardámoste!