A Escola Municipal de Música ofertase unha nova actividade para o vindeiro curso 2026/2027:  BAILE TRADICIONAL GALEGO.
No caso de que se formen grupos (mínimo de 10 persoas por grupo), as clases impartiranse os venres na ESMU pola profesora Inés (alumna de Ximiela).
 
A actividade está prevista en horario de 18.00h a 19.00h para a rapazada, e de 19.00h a 20.00 para persoas adultas.

As persoas interesadas deberán presentar a inscrición no Concello de Carnota, departamento de Cultura entre o 1 e o 14 de setembro ou a través da Sede Electrónica do Concello.