Un total de 380 alumnos e alumnas participaron este ano no programa O Mar na Escola 2026 – Xogando co Vento”, unha iniciativa liderada por Cataventos Escola de Vela co apoio de varios concellos da comarca.

O acto de clausura celebrouse no Concello de Carnota, reunindo a representantes institucionais, centros educativos e entidades colaboradoras. Durante o programa, o alumnado tivo a oportunidade de aprender e desfrutar da navegación, achegándose ao mar dun xeito práctico e educativo.

O proxecto segue crecendo ano tras ano, consolidándose como unha proposta clave para conectar ás novas xeracións co entorno mariño.

Ademais, entregouse o premio do VIII Concurso de Debuxo Stolt Sea Farm á alumna Antía Canosa Vázquez (CEIP do Pindo). Parabéns!