O Concello de Carnota informa de que xa se atopan dispoñibles os novos contratos de SEAGA relativos á limpeza de fincas nas franxas secundarias na parroquia de San Mamede.
Como solicitar o contrato?
As persoas propietarias de fincas nesta zona poden xerar o seu contrato de limpeza con SEAGA a través do Concello de Carnota seguindo estes pasos:
- Contactar por vía telefónica co Concello, no 981 85 70 32 (extensión 3 ou 7), facilitando o DNI da persoa titular das fincas.
- Unha vez xerado o contrato, o Concello chamará á persoa interesada para que pase a seleccionar as fincas afectadas e asinar o contrato.
- Despois da sinatura, deberá realizarse o pago nunha entidade bancaria, na conta de SEAGA que figura na folla de valoración do contrato.
Máis información:
Para calquera dúbida ou información adicional, pode contactar co Concello de Carnota no teléfono 981 85 70 32 (extensión 3 ou 7)
