Cada verán, os nenos saharauís que viven en campos de refuxiados no deserto teñen a oportunidade de pasar dous meses (xullo e agosto) lonxe de condicións extremas. Trátase de nenos que medran soportando temperaturas superiores aos 45 graos centígrados, con recursos moi limitados e lonxe de moitas das oportunidades básicas que aquí damos por sentadas. Hoxe facemos un chamamento a toda a comunidade gallega para que abra as portas dos nosos fogares e dos nosos corazóns.

Necesitamos familias de acollida que queiran ofrecerlles un verán diferente:
un verán de descanso, atención médica, comidas equilibradas e, sobre todo,
amor.

Acoller non é adoptar.
Acoller é compartir.
É regalar unhas semanas que cambiarán toda unha vida.
Os nenos veñen cun programa organizado, con seguimento,
apoio continuo e todas as garantías necesarias. Non estarás só nesta experiencia.

Que podes ofrecer? 
• Un fogar temporal durante o verán
• Coidados, afecto e compañía
• Unha experiencia humana única que tamén transformará a túa vida

Que recibirás? 
• Unha conexión inesquecible
• Aprendizaxe, valores e concienciación
• A satisfacción de contribuír a unha causa nobre

A solidariedade da nosa terra sempre foi forte. Hoxe, máis que nunca, estes nenos necesítannos.

Dá o paso. Infórmate. Participa. Acolle.

Porque un pequeno xesto aquí, pode cambialo todo alí.

Para máis información: 📩 asociacionsogaps@yahoo.es 📞 669-078-725