O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación Aldea de Verán 2026, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.
O prazo de inscrición estará aberto do 4 ao 8 de maio ás 14:00 horas, as persoas interesadas poden consultar as bases e presentar a súa solicitude telemática, preferentemente, a través da sede electrónica do Concello ou ben no rexistro descargando a seguinte solicitude.
Para máis información, pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.
Consulta as bases e descarga a solicitude de inscrición.
