Bota a andar unha nova edición do programa “Maio, mes das Letras” organizado polo Concello de Carnota, a través do Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Cultura, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas en 2026.
Este novo ciclo comprende un conxunto de propostas de dinamización lingüística e cultural para todos os públicos, destinadas a incidir positivamente no prestixio da lingua e a cultura galegas e a reivindicar a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano.
A continuación, preséntanse polo miúdo as accións que se levarán a cabo durante todo o mes, no marco deste programa.
Actividades abertas ao público
Onde nace a lingua| Marta Ortiz
Espectáculo-obradoiro para a primeira infancia, que xorde da colaboración entre a narradora oral Marta Ortiz e o filólogo Brais Gutiérrez. A proposta bebe da tradición oral galega e mestura narración oral, xogos fonéticos, cantos, trabalinguas e explicación filolóxicas co obxectivo proporcionar recursos e ferramentas para asentar a nosa lingua nas crianzas dunha maneira lúdica. Esta actividade enmárcase no programa Apego, de dinamización
lingüística na primeira infancia.
Data: venres, 8 de maio.
Lugar e hora: salón de actos do Concello de Carnota |17:30 h
Destinatarios/as: familias con crianzas de 2 a 6 anos.
Duración: 45 minutos.
Requírese inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981 1063 31). Prazas limitadas.
A Leira das Primeiras Palabras| Marisa Irimia
Espectáculo de contacontos con historias cativadoras, xogos de repetición e dinámicas participativas para favorecer a adquisición da linguaxe e o apego ao galego na primeira infancia. Bebés e familias navegarán entre contos sinxelos e interactivos, rimas, sons e
cancións, que fomentarán a exploración das primeiras palabras en galego.
Esta actividade enmárcase no programa Apego, de dinamización lingüística na primeira infancia.
Data: venres, 22 de maio.
Lugar e hora: Salón de actos do Concello de Carnota |17:30 h
Destinatarios/as: familias con crianzas de 1 a 4 anos.
Duración: 35 minutos.
Requírese inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981 1063 31). Prazas limitadas.
Bella e o circo máxico
Cinema de animación en galego para a cativada.
Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Bella asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo na veciñanza, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular, e cega a Henry.
Data: venres, 15 de maio.
Lugar e hora: Auditorio Municipal (O Viso) | 19:00 h
Destinatarios/as: Público infantil e familiar.
Entrada libre, ata completar a capacidade do local.
As alumnas | Culturactiva Producións
Espectáculo teatral dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira e protagonizado polas actrices Anabell Gago e Mónica Caamaño, que xira arredor da figura da pedagoga galega María Barbeito e do retroceso que supuxo o franquismo no ámbito da educación, especialmente para as mulleres. As alumnas é un espectáculo sobre xustiza social, memoria histórica e sobre as mulleres que, coma María Barbeito, loitaron pola educación en
igualdade en Galicia.
Data: venres, 9 de maio.
Lugar e hora: Auditorio Municipal (O Viso) | 21:00 h.
Destinatarios/as: público mozo e adulto.
Entrada libre, ata completar a capacidade do local.
Actividades concertadas cos centros de ensino
A voar| Cé Orquestra Pantasma
Espectáculo de música ao vivo para a primeira infancia, baseado no libro-disco do mesmo nome, de Cé Orquestra Pantasma. Xoana é unha pequena xoaniña que soña con voar. Impulsada pola curiosidade, embárcase nunha aventura chea de aprendizaxes, desafíos e descubrimentos. Neste espectáculo, a través da narración e ao ritmo da música, as crianzas exploran o valor da confianza en si mesmas, a emoción de atreverse ao descoñecido e a importancia do xogo e a liberdade.
Data: luns, 11 de maio.
Lugar e hora: Escola Infantil A Galiña Azul de Carnota, en horario escolar.
Destinatarios/as: alumnado do primeiro ciclo de educación infantil (0-3 anos)
Letras Galegas pequeniñas | Sheila Patricia (Xeitosa Producións)
Proxecto escénico e educativo da artista Sheila Patricia dirixido a público infantil, que fusiona música en directo, narración oral e recursos audiovisuais para achegar as nenas e os nenos á figura de Begoña Caamaño e á historia da celebración do Día das Letras Galegas, dende unha
perspectiva lúdica e accesible.
Data: martes, 12 de maio.
Lugar e hora: CEIP Plurilingüe de Carnota, en horario escolar.
Destinatarios/as: alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Carnota e o CEIP Plurilingüe do Pindo.
Chaves invisibles | Vero Rilo e Luís Iglesias
Espectáculo de narración oral con música en directo que introduce a rapazada no universo literario de Begoña Caamaño, a partir do libro Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo López, con ilustracións de Alba Stinson, editado por Galaxia. O Concello de Carnota agasallará a todo o alumnado participante con cadanseu exemplar do libro.
Data: mércores, 13 de maio.
Lugar e hora: CEIP Plurilingüe de Carnota, en horario escolar.
Destinatarios/as: alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Carnota e o CEIP Plurilingüe do Pindo.
GPA (Galego para Adolescentes) | Avelino González
Conferencia-espectáculo participativa e visual, conducida por Avelino González e especialmente orientada a público adolescente, que anima a falar e gozar da lingua galega, desmonta prexuízos e promove a reflexión sobre o idioma dende o optimismo lingüístico.
Data: xoves, 14 de maio.
Lugar e hora: IES Lamas de Castelo.
Destinatarios/as: alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Lamas de Castelo.
