Este sábado 25 de abril o pavillón de Carnota converterase no punto de encontro do balonmán base cun torneo 5×5 pensado para nenos e nenas nados entre 2010 e 2019. A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse canto antes.
Os equipos deberán ser mixtos e contar con entre 5 e 8 xogadores, ademais dun responsable maior de 16 anos. A inscrición realízase exclusivamente a través do formulario
Para consultas ou máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Federación Galega de Balonmán no seguinte correo: administración@fgbalonman.com ou chamar aos teléfonos 986 410 618 e/ou 670 892 328.
