O Concello de Carnota e o Clube O Jerreiro poñen nova data para a andaina circular pola Senda Azul e Senda Verde, que tivera que ser aprazada por mor do mal tempo. A nova data xa está fixada para o vindeiro domingo 15 de marzo, así que volvemos ao camiño! 

Data: domingo 15 de marzo
Distancia: aprox. 17 km
Dificultade: media
Saída: ás 09:30 h dende a pista polideportiva de Lariño (A Gándara)

Inscricións:

  • Socios/as do Club O Jerreiro: actividade gratuíta. A inscrición realizarase a través do grupo de WhatsApp do club.
  • Non socios/as: Deben cubrir o seguinte formulario e realizar un ingreso de 3 € por persoa na conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035, indicando o nome do participante.

O prazo de inscrición é ata o venres 13 de marzo ás 12:00 h.