O Concello de Carnota conta cun novo folleto do Espazo Arqueolóxico Aberto de Carnota, elaborado para facilitar a visita e acompañarte na exploración do noso patrimonio arqueolóxico.

O folleto está dispoñible para o público en galego, castelán e inglés no Departamento de Turismo do Concello. Tamén se pode descargar directamente na web de turismo.